lunes, 19 de junio de 2017

PEDRA DA SERPE



Pedra de granito exenta (90x80 cms), cáseque esférica con grabado serpentiforme, pero sen varias cazoletas, ao contrario do que di a bibliografía.
O petróglifo consiste nunha liña ondulante cunha coviña nun dos seus extremos.
Atópase ao pé da capela adicada á Virxe dos Remedios, noutrora chamada a Virxe do Castro (século XVII), xa que está asentada sobre un xacemento castrexo. Este asentamento - o Castro dos Remedios- sitúase na parroquia de Tirán, concello de Moaña (Pontevedra).
As crónicas orais relatan que o emprazamento orixinal desta pedra era outro, pero sería trasladada máis tarde ao carón da igrexa e fixada a un soporte de cemento. Malia todo isto, a existencia deste petróglifo deu lugar á formación de moitas lendas - case todas ambientadas na noite de San Xoán- que na realidade son variacións unhas doutras.

Modelo realizado por Antón Santos, alumno de TIC I de 1º bach.B

No hay comentarios:

Publicar un comentario