miércoles, 31 de mayo de 2017

Sendeiro do Río da Fraga, Chan de Arquiña e Torre de Meira

Powered by WikilocRuta creada por Soyelquesoy
Fuente comentario: Grupo de Andainas Rías Baixas

DIFICULTADE: MODERADA
DURACIÓN: 20,29Km


Esta ruta é espectacular, e se atopa en moi boas condicións para o senderista. Transcorre en boa parte do seu percorrido polas terras de Moaña regadas polo Río dá Fraga, un regato que nace no Monte Xaxán, un dos mais caudalosos do Morrazo e que tamén é coñecido como Río Dos Ladróns. 

Ao longo da súa canle, nunha e outra beira, irán aparecendo figuras de muíños, moitos dos cales xa non funcionan pero que contribúen á beleza da senda. 

O camiño vai serpeando co regato que nos ofrece diferentes estampas. Xa tranquilo e repousado, xa embravecido en rápidos e caídas de auga...pero destacan sobre todo as diferentes pozas que iredes atopando e que en épocas calorosas poderedes aproveitar para darvos un mergullo. 

E, sobre todo, non deixedes de achegarvos a contemplar as dúas fervenzas que o seu leito forma xogando cos desniveis que nel atopa. 

A primeira é bonita, pero eu resalto sobre todo a segunda, case unha descoñecida, pero que é unha auténtica marabilla deslizándose cal cola de cabalo montaña abaixo, nunha contorna realmente fantástica. 

Para cruzar de beira a beira, neste percorrido hai imnumerables pasarelas e pontes de madeira que facilitan a trasfega. 

Atoparédesvos elementos arbóreos propios de ribeira, alisos, bidueiros, fresnos, salgueiros, pero tamén o autóctono carballo. 

E, deixando atrás A Fraga, dirixímonos, ascendendo, cara a Chan dá Arquiña. Alí o dolmen, xoia das crenzas dos nosos devanceiros prehistóricos, saúdanos tranquilo e repousado. 

Xa descendendo, iremos obtendo diferentes visións da Ría de Pontevedra e a Illa de Ons por unha banda. Polo outro, A Ría de Vigo, coa silueta das Illas Cíes na súa bocana. 

E, sen dúbida, non podedes perdervos A visita á Torre de Meira, auténtico miradoiro sobre Moaña e a Ría De Vigo que tamén atoparedes nesta camiñada. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario